domingo, 22 de febreiro de 2015

A Riada do Tea

Hoxe, despois de anos do inicio da crise, en plena descomposición progresiva de este modelo económico e de goberno, faise preciso democratizar o noso concello para dar unha solución colectiva, eficaz e xusta ás demandas de unha maioría popular. Polo tanto, imos adicar o noso esforzo, a nosa intelixencia e a nosa valentía en comezar a recupera-la democracia dende o municipio, onde a cidadanía está máis próxima a os espazos de toma de decisións e onde, ao mesmo tempo, vive os seus problemas. Non podemos conquista-la democracia no noso país senón acabamos coas redes clientelares e caciquís do ladrillo e a banca, das concesións administrativas para amigotes e, en xeral, coa densa e escura trama de intereses público-privados que furtaron de forma sistemática as liberdades e a capacidade de decidir da cidadanía. Para erradicar estes males e poder empezar a gañar o noso país creemos que os mellores principios a hora de dirixi-la nosa acción no ámbito municipal son:

1)transparencia

2)participación cidadá


Queremos construír unha candidatura cidadá de unidade popular. Queremos facelo con os nosos veciños e veciñas, abertos á cidadanía, para que sexa un reflexo da nosa sociedade e non outra sopa de siglas máis, de cousas vellas. En definitiva, queremos e precisamos unha candidatura cidadá, capaz de recupera-lo municipio para a maioría social, vertebrada polos principios da participación cidadá e a transparencia escrupulosa nas nosas prácticas. Unha candidatura de unidade popular que combata a corrupción e poña en marcha un plan integral para erradicar da xestión do concello e empresas públicas locais as redes clientelares e caciquís que nos teñen levado a actual situación. Propiciar un modelo de goberno municipal transparente e honesto coa xestión dos recursos do noso concello, non só os económicos.

Por iso lanzamos dende aquí a iniciativa de construír entre todas e todos a candidatura de unidade popular que nos leve, de unha vez por todas á recuperación do noso concello para a maioría social do pobo.





Formulario de adhesión ao manifesto: